Praias Galicia description
Aplicación que amosa información das praias galegas, así como a predición meteorolóxica con tres días de antelación e unha táboa de mareas en distintos portos.
Poderás ver a súa localización e como chegar a elas dende a posición actual.
En sucesivas actualizacións iranse engadindo novas praias e funcionalidades.
Os datos meteorolóxicos son proporcionados por MeteoGalicia (http://www.meteogalicia.es).
A información das praias é obtida na web do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (http://www.magrama.gob.es/es/).